.elementor-widget-html { width: 100% !important; max-width: 100% !important; } .e-con-inner { padding-left: 0 !important; padding-right: 0 !important; }
Ra voadora de Wallace
Escaravello tropical

Lugo · MIHL (Museo Interactivo da Historia de Lugo) · 2026

Wallacee a Orixedas Especies

O naturalista que cambiou a nosa comprensión da vida na Terra

Inauguración17 Set. 2026
Clausura31 Xan. 2027
EspazoMIHL · Museo Interactivo da Historia de Lugo
EntradaLibre

Quen foi Wallace

Wallace: o outro pai da
teoría da evolución por selección natural

Alfred Russel Wallace (1823–1913) foi un naturalista, explorador e xeógrafo galés. Durante as súas expedicións polo Amazonas e polo arquipélago malaio reuniu máis de 125.000 espécimes e contribuíu á descrición de numerosas especies novas para a ciencia.

De forma independente a Charles Darwin, formulou a teoría da selección natural como mecanismo da evolución. A carta que enviou a Darwin desde a illa de Ternate en 1858 levou á presentación conxunta dos traballos de ambos os dous naturalistas ante a Sociedade Linneana de Londres (Linnean Society of London), nun dos episodios máis relevantes da historia da ciencia.

Hoxe, Wallace é considerado un dos grandes exploradores científicos do século XIX e unha figura fundamental para comprender a biodiversidade e a evolución da vida na Terra.

Coñece a súa vida
Wallace en 1848
RetratoWallace, 1848

A Biodiversidade de Wallace

Espécimes do Mundo Tropical

Máis de 125.000 exemplares recollidos en oito anos de exploración polo arquipélago malaio

Ciencia, natureza e exploración
nun único espazo

A exposición está cedida polo Museo Nacional de Ciencias Naturales (CSIC) e organizada por ACUIGEN e RODA, dous grupos de investigación da Universidade de Santiago de Compostela especializados, respectivamente, en xenética e divulgación e didáctica das ciencias. Conta co patrocinio do Concello de Lugo e Caixa Rural Galega, e coa colaboración do Museo de Historia Natural da USC e do Museo Histórico do IES Lucus Augusti.

Paneis e Recursos Gráficos

Mapas das expedicións, rutas de exploración e representación da Liña de Wallace.

Pezas Históricas

A exposición reúne unha selección de documentos, ilustracións, materiais científicos e exemplares procedentes das coleccións do Museo Nacional de Ciencias Naturais (CSIC), entre os que se inclúen aves, bolboretas, mamíferos e outras pezas de especial interese histórico e científico. O percorrido complétase con espécimes e recursos cedidos polo Museo de Historia Natural da USC e polo IES Lucus Augusti..

Recursos Audiovisuais

Proxeccións inmersivas e un documental divulgativo inspirados nas paisaxes da Amazonía e do arquipélago malaio que explorou Alfred Russel Wallace durante as súas expedicións científicas.

Materiais Didácticos

Actividades prácticas para nenos e nenas de 5 a 9 anos, elaboradas en colaboración co Gabinete Didáctico do MIHL. Exploración, descubrimento e ciencia a través do xogo.

O Archipiélago Malaio
Macmillan, 1869

O Archipiélago Malaio:
A Terra do Orangután
e o Paxaro do Paraíso

O libro máis famoso de Wallace narra as súas expedicións de oito anos polo arquipélago malaio (1854–1862), durante as cales recolleu máis de 125.000 especímenes e formulou a liña que hoxe leva o seu nome: a Liña de Wallace, que separa as faunas de Asia e Australasia.

Dedicado ao seu amigo e colega Charles Darwin

Ver a exposición
Fondo botánico
125.660

especímenes recollidos por Wallace durante
8 anos de exploración polo arquipélago malaio

Máis alá da exposición

Un programa completo de divulgación científica articulado arredor da exposición, aberto a todos os públicos e con actividades especialmente deseñadas para centros educativos.

01

Visitas Guiadas Escolares

Programa de visitas para centros educativos galegos, dende 5º de EP ata 2º de Bacharelato. Guías voluntarios do Campus Terra formados polos comisarios do MNCN.

Reservar visita
02

Obradoiros Infantís

Actividades prácticas para nenos e nenas de 5 a 9 anos, elaboradas en colaboración co Gabinete Didáctico do MIHL. Exploración, descubrimento e ciencia a través do xogo. As reservas desta actividade xestiónanse directamente desde o MIHL a través do correo electrónico museo.mihl@lugo.gal.

Máis información
03

Ciclo de Conferencias

Cinco encontros con investigadores e divulgadores científicos de recoñecido prestixio para explorar algunhas das grandes cuestións da historia natural e da bioloxía moderna: a evolución, a xenética, a biodiversidade, a exploración científica e a comunicación do coñecemento. O ciclo reunirá especialistas procedentes do ámbito universitario, museístico e da divulgación científica nun programa aberto ao público xeral e de acceso gratuíto.

Ver datas
04

Cinema Científico

Un percorrido pola teoría da evolución a través do cinema. Documentais e películas que exploran a diversidade da vida, a historia da ciencia e o legado de Darwin e Wallace. Actividades abertas ao público xeral, de balde.

Programación
05

Conferencias no Campus Terra

Encontros académicos con investigadores nacionais e internacionais na Universidade de Santiago de Compostela (Campus de Lugo).

Máis info
06

Material Didáctico

Recursos elaborados polo grupo RODA da USC para facilitar o traballo previo e posterior nas aulas. Descarga gratuíta para centros educativos.

Descargar

Ciclo de
Conferencias

Todas as conferencias son de entrada libre e terán lugar en horario de 20:00 a 21:00 h.

17
Set 2026
Conferencia Inaugural
O Vello Cárcere · Lugo
01
Out 2026
Evolución e Biodiversidade
O Vello Cárcere · Lugo
21
Out 2026
Xenética e Selección Natural
O Vello Cárcere · Lugo
15
Nov 2026
Conferencia ENCIGA
IES Lucus Augusti · Lugo
21
Xan 2027
Conferencia de Clausura
O Vello Cárcere · Lugo

Os Grandes
Fitos de Wallace

1823
Nacemento en Usk, Gales
Alfred Russel Wallace nace o 8 de xaneiro en Usk (Gales), no seo dunha familia de clase media que viu empeorar a súa situación económica durante a súa infancia.
1848–1852
Expedición ao Amazonas
Catro anos recollendo espécimes e estudando a biodiversidade tropical. Un incendio a bordo destrúe gran parte das coleccións reunidas.
1854–1862
Expedición ao Arquipélago Malaio
Oito anos de exploración científica nos trópicos. Recolle máis de 125.000 espécimes e realiza observacións decisivas para a biogeografía moderna.
1858
O Ensaio de Ternate
Formula a teoría da selección natural e envía o seu manuscrito a Darwin, propiciando a presentación conxunta dos seus traballos ante a Linnean Society of London.
1869
O Archipiélago Malaio
Publica a súa obra máis coñecida, considerada un clásico da literatura científica de viaxes.
1876
A Distribución Xeográfica dos Animais
Publica unha obra fundamental que senta as bases da biogeografía moderna.
1913
Falecemento en Broadstone, Dorset
Morre aos 90 anos deixando un legado científico e humanista de alcance universal.
Grupo de investigación ACUIGEN · USC Campus Terra
USC · Campus TerraGrupo ACUIGEN

Grupo de investigación
ACUIGEN

O proxecto está impulsado polo grupo de investigación ACUIGEN (GI-1251) da Universidade de Santiago de Compostela, coordinado por Paulino Martínez Portela, catedrático de Xenética no Campus Terra.

Con máis de tres décadas de experiencia en xenética e xenómica, ACUIGEN mantén un firme compromiso coa divulgación científica — impulsando iniciativas como Unha cebra na auga ou Regueifas de Ciencia — para facer da ciencia un recurso accesible e conectado coa sociedade.

Máis información

Lugo · Setembro 2026

Vén descubrira historiade Wallace

Unha exposición única en Galicia sobre o naturalista que cambiou para sempre a nosa comprensión da vida na Terra. Entrada libre para todos os públicos.

O Vello Cárcere · Lugo · Galicia  ·  Coordinado pola USC Campus Terra · Producido polo MNCN-CSIC