Actividades Wallace
Programa completo · Set 2026 – Xan 2027

Actividades e
Material Didáctico

Un programa integral de divulgación científica arredor da exposición, aberto a todos os públicos e con actividades especialmente deseñadas para centros educativos.

O programa de actividades complementa a exposición principal con visitas guiadas, obradoiros infantís, conferencias científicas, cinema e materiais didácticos elaborados especificamente para centros educativos galegos. A participación nas actividades será gratuíta, previa inscrición cando así se indique.

6 Tipos de actividades
5 Conferencias abertas
Free Entrada libre

Trae o teu centro
á exposición

Programa de visitas guiadas para centros educativos galegos. O persoal guía — alumnado voluntario do Campus Terra — recibirá formación específica impartida polo gabinete pedagóxico do Museo Nacional de Ciencias Naturais (CSIC) e polos comisarios da exposición.

5º e 6º EP 1º a 4º ESO 1º e 2º BAC
Solicitar visita guiada
Visitas guiadas Wallace
MIHL · Lugo
17 de setembro de 2026

Acto Inaugural

MIHL – Museo Interactivo da Historia de Lugo · Caixa Negra Acceso do público a partir das 19.50 h Entrada libre ata completar capacidade
Recoméndase chegar con antelación
19.50 h
Acceso do público á Caixa Negra
Apertura de portas para o acto inaugural.
20.00 h
Proxección audiovisual
Proxección da peza audiovisual creada para a sala inmersiva de «Wallace e a orixe das especies».
20.10 h
Interludio musical
Breve aproximación musical ao século XIX a cargo da mezzosoprano Julia Portela Piñón.
20.15 h
Acto de inauguración
Apertura oficial da exposición «Wallace e a orixe das especies».
20.25 h
Conferencia inaugural
«Alfred Russel Wallace e a orixe das especies» · A cargo de Borja Milá Valcárcel, comisario da exposición e investigador do Museo Nacional de Ciencias Naturais (MNCN-CSIC).
21.15 h
aprox.
Fin do acto
A exposición poderá visitarse no MIHL desde o 18 de setembro de 2026 ata o 31 de xaneiro de 2027, dentro dos horarios de apertura do museo. Recoméndase consultar previamente os horarios do MIHL.
Out – Nov 2026

Ciclo de Cinefórum

Casa do Saber · Lugo 19.30 h Entrada libre ata completar aforo

Como influíu a teoría da evolución na ciencia, na sociedade e na nosa maneira de comprender a natureza humana? Este ciclo propón achegarse a algunhas das grandes cuestións relacionadas coa evolución a través do cinema. Catro películas de épocas e xéneros diferentes servirán como punto de partida para reflexionar sobre a evolución humana, o conflito entre ciencia e relixión, a recepción social das ideas de Darwin e as implicacións éticas dos avances da xenética.

Cada sesión incluirá a proxección da película e un coloquio posterior moderado por especialistas en xenética e evolución da Universidade de Santiago de Compostela.

20 Out 2026 19.30 h
En busca del fuego
1981 · Jean-Jacques Annaud
Modera: Álvaro Arana Díaz
Investigador posdoutoral da Xunta de Galicia na USC e membro do grupo ACUIGEN. Especialista en xenética molecular, edición xenética e o emprego do peixe cebra como modelo experimental.
27 Out 2026 19.30 h
Heredarás el viento
1960 · Stanley Kramer
Modera: Laura Sánchez Piñón
Catedrática de Xenética e profesora emérita da USC. Responsable de ZebraBioRes (grupo ACUIGEN), dedicada ao emprego do peixe cebra como modelo para a investigación biomédica, xenética e biotecnolóxica.
10 Nov 2026 19.30 h
La duda de Darwin
2009 · Jon Amiel
Modera: Gonzalo Álvarez Jurado
Catedrático de Xenética ad honorem da USC. Especialista en xenética evolutiva e de poboacións. Autor de traballos de referencia internacional sobre consanguinidade, os Habsburgo e a familia de Charles Darwin.
17 Nov 2026 19.30 h
Gattaca
1997 · Andrew Niccol
Modera: Paulino Martínez Portela
Catedrático de Xenética da USC e coordinador do grupo ACUIGEN. Investigador responsable do proxecto de divulgación científica «Wallace e a orixe das especies».
Set 2026 – Xan 2027

Ciclo de Conferencias Divulgativas

MIHL · Salón de actos do Vello Cárcere · IES Lucus Augusti Aberto á cidadanía · Entrada libre ata completar aforo

Un ciclo de cinco conferencias divulgativas no que especialistas de recoñecida traxectoria achegarán diferentes perspectivas sobre a evolución, a selección natural, a biodiversidade e a historia do pensamento evolutivo. O público poderá afondar na figura e no legado científico de Alfred Russel Wallace, na súa relación con Charles Darwin e nalgúns dos grandes temas que contribuíron á nosa comprensión da evolución.

O acceso é libre ata completar aforo. Recoméndase consultar esta páxina antes de asistir por se se producen actualizacións nas datas, horarios ou lugares de celebración.
17 Set 2026 20.30 h Salón de actos do MIHL
Alfred Russel Wallace e a orixe das especies
Borja Milá Valcárcel
Investigador científico do CSIC no Museo Nacional de Ciencias Naturais. Doutor pola UCLA, especializado en bioloxía evolutiva, filoxeografía e xenómica comparada. Comisario da exposición «Alfred Russel Wallace (1823–1913). Bioxeografía e evolución».
Wallace formulou de maneira independente o mecanismo da selección natural. Os seus traballos e os de Darwin foron presentados conxuntamente en 1858 na Sociedade Linneana de Londres. Ademais das súas achegas á teoría da evolución, Wallace está considerado un dos fundadores da bioxeografía moderna.
01 Out 2026 20.00 h Salón de actos do Vello Cárcere
Darwin e Wallace: dúas vidas antiparalelas
Juan Ramón Medina Precioso
Doutor en Bioloxía e catedrático de Xenética. Ex-reitor das Universidades de Sevilla e Politécnica de Cartagena, primeiro presidente da CRUE. Autor dunha biografía de Alfred Russel Wallace e a primeira biografía de Arabella B. Buckley.
A conferencia explorará as coincidencias e profundas diferenzas entre Darwin e Wallace: dous naturalistas que chegaron independentemente á teoría da evolución pero mantiveron posicións moi distintas sobre a natureza humana, a relixión ou o espiritualismo.
21 Out 2026 20.00 h Salón de actos do Vello Cárcere
As orquídeas de Darwin e a consanguinidade
Gonzalo Álvarez Jurado
Catedrático ad honorem de Xenética da USC. Especialista en xenética evolutiva e de poboacións. Os seus traballos sobre a consanguinidade nos Habsburgo e na familia de Charles Darwin constitúen achegas de referencia internacional.
Tras publicar A orixe das especies, Darwin ampliou as súas investigacións ao estudo da fecundación das orquídeas e os efectos da autofecundación e da consanguinidade, antecedente fundamental para comprender a depresión consanguínea.
12 Nov 2026 19.00 h Salón de actos do IES Lucus Augusti
Naturalistas, nobres e fósiles: a antesala da selección natural
Marcos Andrés González González
Catedrático emérito de Zooloxía da USC. Especialista en entomoloxía e hidrobioloxía. Investigador en biodiversidade e conservación dos tricópteros e outros invertebrados acuáticos.
Entre o Systema Naturae de Linneo (1735) e A orixe das especies de Darwin (1859), produciuse unha profunda transformación do pensamento biolóxico. A conferencia percorrerá as achegas de Linneo, Buffon, Lamarck ou Cuvier e o contexto científico sobre o que Wallace e Darwin formularon a teoría da selección natural.
21 Xan 2027 20.00 h Salón de actos do Vello Cárcere
Sexo y evolución
Paulino Martínez Portela
Catedrático de Xenética da USC e coordinador do grupo ACUIGEN. Investigador responsable do proxecto de divulgación científica «Wallace e a orixe das especies».
Nos animais e nas plantas existen diversos sistemas de determinación sexual, desde mecanismos xenéticos ata sistemas condicionados por factores ambientais. A conferencia abordará esta diversidade e a súa relación coa especiación e a selección sexual, concepto desenvolvido por Darwin para explicar a evolución de características que incrementan o éxito reprodutivo.
24 de Novembro 2026

Simposio Internacional sobre Xenómica, Epixenómica e Evolución

Sala de reunións · Facultad de Veterinaria · Campus Terra · USC 09:00 – 14:00 h Entrada libre ata completar aforo
Inglés Español Comunidade universitaria e investigadora

Este simposio científico está dirixido principalmente a comunidade universitaria e investigadora — incluíndo estudantes de grao, máster e doutoramento, persoal académico e investigadores — así como calquera persoa interesada na xenómica e na epixenómica.

O simposio «Do Naturalismo aos Xenomas: O Rexistro da Evolución» reunirá no Campus Terra seis especialistas de renome internacional para explorar a evolución á luz dos últimos avances en xenómica e epixenómica, abordando temas como a orixe de novas especies, a regulación xenómica, a adaptación en poboacións con baixa diversidade xenética e a posible transmisión de marcas epixenéticas entre xeracións.

09:00 – 09:45 h
Expansións do Xenoma e Evolución
Prof. Dan Macqueen
Catedrático de Xenómica Integrativa de Peixes no Instituto Roslin da Universidade de Edinburgo. A súa investigación estuda os xenomas dos peixes, a evolución, a fisioloxía, a xenética e os patóxenos, especialmente nos salmónidos. Dirixe un amplo proxecto de consorcio sobre o papel da duplicación do xenoma na evolución ao longo da árbore da vida.
09:45 – 10:30 h
Diversificación e a Orixen das Especies
Dr. Borja Milá
Investigador científico do CSIC no Museo Nacional de Ciencias Naturais (MNCN-CSIC), Madrid. Especialízase en bioloxía evolutiva, ornitoloxía, filoxeografía, xenética de poboacións e xenómica comparada. A súa investigación analiza como o illamento xeográfico, a selección natural e o fluxo xénico impulsan a biodiversidade e a especiación, especialmente nas aves de illas e rexións tropicais..
10:30 – 11:15 h
Un xenoma, moitos individuos: a lóxica reguladora de división do traballo colonial nun sifonóforo
Dr. Ozren Bogdanovic
Científico titular do CSIC e investigador principal do Centro Andaluz de Bioloxía do Desarrollo (CABD), Sevilla, onde dirixe o Laboratorio de Epixenómica do Desenvolvemento. O seu traballo combina a bioloxía do desenvolvemento, a xenómica e a epixenética, empregando unha ampla gama de organismos modelo vertebrados e invertebrados para investigar a función e a evolución da regulación do xenoma durante a embrioxénese.
11:15 – 11:45 h · Pausa para o café
11:45 – 12:30 h
Herdanza Epixenética Transxeracional: O Estado da Cuestión
Dr. Francesc Piferrer
Investigador sénior e líder do grupo de investigación no Institut de Ciències del Mar (ICM-CSIC), Barcelona. A súa investigación céntrase na bioloxía reprodutiva dos peixes, a determinación do sexo, a epixenética ambiental e do desenvolvemento, e a acuicultura. Membro da Real Academia de Ciencias e Artes de Barcelona.
12:30 – 13:15 h
É a epixenómica o plan B para as poboacións con baixa diversidade xenética?
Dra. Sofia Consuegra
Investigador distinguido (ATRAE) no Instituto de Investigacións Mariñas (IIM-CSIC), Vigo, e profesor de Ecoloxía Evolutiva na Universidade de Swansea. A súa investigación céntrase na ecoloxía evolutiva, a xenética e xenómica da conservación, a pesca e a acuicultura, e as especies acuáticas invasoras.
13:15 – 14:00 h
Por que a evolución preserva algunhas cousas e cambia outras? Da bioxeografía de Wallace á conservación das paisaxes reguladoras dos vertebrados.
Dra. Noelia Díaz
Investigador e xefe de grupo no Institut de Ciències del Mar (ICM-CSIC), Barcelona. A súa investigación combina a xenómica, epixenética e bioloxía do desenvolvemento para investigar como a regulación do xenoma moldea o desenvolvemento, reprodución, adaptación e evolución, cunha especialización particular na organización tridimensional do xenoma e na estrutura da cromatina nos peixes.
En elaboración · Grupo RODA USC

Recursos para centros educativos

O grupo de investigación RODA (GI-1667) é un grupo de investigación interdisciplinar da Universidade de Santiago de Compostela especializado en educación e innovación educativa. A súa actividade céntrase no desenvolvemento de competencias científicas, lingüísticas, matemáticas e sociais.

No marco deste proxecto colabora no deseño das propostas didácticas e dos recursos educativos da exposición.

Niveis educativos

Educación Secundaria
1º a 4º ESO · 12–16 anos
Bacharelato
1º e 2º BAC · 16–18 anos
Obradoiros Infantís
MIHL · 5–9 anos

MIHL · Lugo · 2026

Reserva a túa visita ou contacta con nós

Para reservas de grupos escolares, información sobre actividades ou solicitude de material didáctico, ponte en contacto co noso equipo.